Mai 26 2010

Sábado 29 de maio roteiro botánico no Salgueirón, xantar popular e limpeza do C.S

  • Este sábado 29 de maio terá lugar un ROTEIRO BOTÁNICO polo Salgueirón. A actividade comezará ás 11:00 da mañá fronte á torre de Massó e rematará ás 13:00 horas. O roteiro, de dificultade baixa, abrangue dende o Salgueirón até o espazo natural de Punta Balea e estará guiado por David Álvarez Graña do Grupo Anduriña que nos axudará a identificar e coñecer as características das distintas especies botánicas desta zona. O Salgueirón con máis de 200.000 m2 de terreo contén a existencia de arredor de 100 especies arbóreas e arbustivas de xardín, bosque, humidal e froiteiras. No espazo natural de Punta Balea cunhas 15 has. de terreo, dentro do dominio público marítimo terrestre e a zona de servidume de proteción, están censadas 388 especies de plantas de ambiente ruderal, humidal, lacustre, cantís supralitorais, praias e dunas. Cabe destacar tamén o Xardín do Salgueirón, un xardín botánico cunha superficie duns 4.000 m2 que alberga especies dos 5 continentes. Amáis da araucaria de Norfolk, cipreses Glabros de Arizona, evónimos do Xapón, acacia de madeira negra, e un longísimo etc podemos atopar o cogumelo mexicano da subespecie myxomicetes, sendo o xardín de Massó un dos 8 lugares da Península Ibérica onde se atopou dita especie. Podedes consultar aquí unha lista máis ampla do que nos imos atopar no noso percorrido.
  • A partir das 14:00 h. haberá un XANTAR POPULAR no  Centro Social (traede algo pra compartir).
  • Xa pola tarde realizarase unha LIMPEZA COLECTIVA do novo Centro Social do Salgueirón que acaba de comezar a súa andaina.

Ubicación do Centro Social:

Centro Social Xardín do Salgueirón Praia de Massó Fábrica de Massó


Ver Centro Social de O Salgueirón nun mapa máis grande

Todas estas actividades así como o Centro Social son autoxestionadas e están abertas a calquera que queira participar. Encádranse nunha labor de meses coa que pretendemos crear conciencia social e pór en valor O Salgueirón como espazo natural e patrimonial a protexer e recuperar para uso social. Actualmente e dende hai anos a zona está en estado de abandono  por parte do Cocello e  é obxectivo nos últimos anos da especulación urbanística máis salvaxe, ameazado polo proxecto privado de construción de varios centos de vivendas, hoteis, gran área comercial e un porto deportivo proxectados pola promotora inmobiliaria Residencial Marina Atlántica.

Chuzame! A Facebook A Twitter

One response so far

Mai 26 2010

O NOVO CENTRO SOCIAL DO SALGUEIRÓN RESISTE Ó DESALOXO VIOLENTO

Onte martes 25 de maio ás 8:45 h. da mañá presentáronse traballadores do concello, axentes da Garda Civil e a policia local para facer o desaloxo do novo centro social que se acaba de botar a andar no Salgueirón, en Cangas do Morrazo.

Intentaron entrar pola forza, arrincando a fechadura da porta principal de xeito violento, golpeando a porta e ameazando.

Logo varios axentes da garda civil, acompañados en todo momento por un traballador do concello limitáronse a merodear polos arredores da casa. Nese momento aproveitouse para comunicarlles os motivos polos que estamos aí como protesta contra a especulación nos terreos das antigas fábricas de Massó e lembrarlles o artigo 10º da Constitución española e o artigo 7º do Código Penal. Así mesmo se colgou un par de faixas e se pegou na porta da entrada unha advertencia legal.

Con este novo centro social reivindicase un uso social do Salgueirón que loite ó mesmo tempo contra a especulación inmobiliaria da promotora inmobiliaria Residencial Marina Atlántica.

Esta acción non é allea ó conflito de Massó, onde se leva anos loitando contra a construción dun porto deportivo e que está directamente conectado cun macroproxecto en terra dunha gran área comercial, varios centos de vivendas e hoteis en mais de 200000m2 de terreo, con varias fábricas declaradas patrimonio industrial polo Estado, xardíns botánicos e un rico intermareal, dende hai anos no mais absoluto e consentido abandono e que pasan por ser a aútentica zona verde e de espallamento que lle queda ó pobo de Cangas á beira da ría.

Ubicación:

Centro Social Xardín do Salgueirón Praia de Massó Fábrica de Massó


Ver Centro Social de O Salgueirón nun mapa máis grande

Chuzame! A Facebook A Twitter

One response so far

Mai 16 2010

Imaxes da actividade de observación

Chuzame! A Facebook A Twitter

No responses yet

Next »